O sagrado

O que é sagrado, ben lonxe de ser a persoa, é o que nun
ser humano é impersoal.
Todo o que é impersoal no ser humano é sagrado, e
soamente iso.
Simone Weil

 

A miúdo quedo absorto,
acometido -traspasado- polo silencio,
conquistado por unha plenitude que me arrebata
e me deixa desapegado das cousas,
inerme na nada.

Basta con deixarse arrolar polas ondas,
con perderse contemplando o deambular da formiga,
con seguir -sen seguilo- o zunido do abellón.

Basta con esquecerse de si,
con iluminarse coas sombras que o sol debuxa na terra,
con deixarse arrebatar polas formas que as nubes deixan nas alturas.

Basta con iso, con ser, só ser, ser todo e nada,
auga, formiga, abellón, sombra, sol, terra, nube, ceo…

Texto descargable en .pdf

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *