Camiños de bosque

Nubes entre as ramas e o azul.
Follaxe baixo os pés.
Sons prístinos.
Transparencia.
Maleza, insectos, paxaros,
madeira…
Respiración, cadencia, vibración.

No bosque, ás veces,
o camiño desaparece na fronde.

Despois só queda…
O non pisado.
O silencio.

Texto descargable en .pdf

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *