Claridade sen límites

¡Que escura é a noite!
¡Que negro este páramo de rostros sen nome!
¡Que vacío sen fondo o desta soidade
multitudinaria!

Arrebolados neste pozo onde nunca amence,
somos buscadores de luz, ou descridos,
ou enlamados entregados á causa da nosa egolatría.

Somos cinza apenas palpitante,
ascuas que agardan ser avivadas…
Caemos no fondo sen atopar agarradoira.
Afogamos neste barro noso,
forma do cadáver co que cargamos acotío,
ata que, por fin, soterrámolo nunha volta do camiño
para perdernos na noite, no auga, no baleiro,
e ser xa luz, so luz, claridade sen límites

Texto descargable do poema en .pdf

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *