Uns nenos xogan.
Xogan. En torno a eles, dous cans, unha árbore, un pequeno prado.
Xogan. Bailan as follas ao son da brisa.
Xogan. Nubes no ceo dun atardecer de verán.
De pronto, asómase unha páxina de xornal e, ao lonxe, escóitase unha radio… un murmurio apagado -como un remorso- das cousas do mundo.
Xogan. Pero -ao fondo- a dor, o sufrimento, a inxustiza, a fame… perduran.
Alleos a todo, xogan. As súas risas eternas enchen o aire.
O mundo é perfecto.
Agora.
Aquí.
Mentres, achégase o crepúsculo…