Falemos de árbores

Modificación sobre: "Photo by Morgan McBride on Unsplash"
Modificación sobre: “Foto de Morgan McBride en Unsplash

¿Que tempos son estes
nos que una conversa sobre árbores é case un crime
porque inclúe un calar sobre tantas atrocidades?”
Bertolt Brecht

¿Que tempos son estes
nos que unha conversa
é case un crime,
porque inclúe
tanto dito?”
Paul Celan

Este é o noso tempo.
“Palabras, palabras, palabras”.
Modernidade tardía na que,
irremediablemente,
Todo foi dito.

Unha e outra vez,
unha e outra vez,
unha e outra vez,
ata a extenuación,
ata o desalento,
ata a desolación que acompaña cada palabra verdadeira.

E, sen embargo,
como lembra o filósofo,
iso non quere dicir que non haxa que dicir a palabra,
so que dicila “é o canellón sen saída no que hai que saber estar”.

So así pode ser entregada de novo a palabra
á arbore,
que viste as súas follas dun marrón macilento,
que afunde as súas raíces nunha terra putrefacta,
que alimenta co seu osíxeno ao animal que o tortura.

A árbore,
que denuncia a miseria do final dos tempos,
despoxada, arrasada, desprezada, queimada, explotada, torturada.
Testemuña muda -¡pero grita!-
da terra saturada polo xurro da humanidade toda
e os seus gandos estabulados, acumulados, aterrorizados e condenados a un sufrimento perpetuado
día tras día, vida tras vida, xeración tras xeración.

A árbore,
vítima da podremia da Humanidade,
desgarro calado alzado ao ceo no noso nome,
retorcida raíz da nosa vergoña,
rebelión encarnada contra a degradación da terra que se nos deu por herdanza…

Así, pois, falemos de árbores.
Da súa graza
e da súa cruz.
Porque nelas reside a nosa miseria
e a posibilidade
-so a posibilidade-
dunha esperanza
no medio desta escura realidade nosa.

Texto descargable en .pdf

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *